XVIII Concurso de Maquetas
O sábado 11 de abril tivemos de novo o pracer de xuntar forzas co colectivo redondelán ArteLixo, co cal levamos a cabo un gran día cheo de actividades e concertos.
Foi toda unha delicia ver a Feira do Gando ateigada de xente con ganas de pasar un día cheo de moita música.
O nivel de esta final foi máis que alto e así transmitiuse nas votacións, onde o resultado foi moi igualado, sendo Boogies os gañadores do concurso con Muaré na segunda posición.
Noraboa aos gañadores Boogies, que converteron a Feira do Gando nunha marexada de auténtico estilo de surf rock e post-punk. Tamén Noraboa a Muaré, que a pesar de non sair gañadores fixeron un directo cheo de estilo, boa música e moito baile.
Foi un día longo, onde comezamos da man do colectivo Artelixo co Obralixo e Sonalixo. Unha chea de bandas animáronse a subir ao escenario para amenizar a tarde e dar un espazo de acceso libre a todos aqueles e aquelas que quixeran participar.
O remate da noite puidemos gozar duns auténticos artistas como son os Mambas Negras, coa súa “Tarantino Experience”, e os últimos bailes a cargo de Dj Öne.
Bases do Concurso
Poden participar tódolos grupos ou solistas con residencia na Galiza que non teñan disco editado por un contrato discográfico. Tamén é posible a inscrición de artistas que publicaran singles, extended plays ou os que participasen en discos recopilatorios.
O prazo para achegarnos as vosas propostas será dende o 15 de xaneiro ata o 1 de marzo.
Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
Os traballos constarán de 3 cancións de composición propia e opcionalmente 1 vídeo ou enlace ao mesmo, acompañados dunha breve reseña biográfica en formato PDF (compoñentes, estilos, procedencia e concertos realizados).
É imprescindible indicar o nome, número de teléfono e correo electrónico da persoa de contacto.
Todo este material debe ser enviado ó enderezo electrónico:
De tódalas bandas inscritas, seleccionaranse 2 finalistas que participarán nunha festa concerto o vindeiro 11 de abril de 2026. Os finalistas daranse a coñecer na prensa e nas redes sociais (web, facebook, instagram, etc) e o gañador do concurso decidirase por votación dos asistentes ao evento.
É imprescindible ter un repertorio propio para directo como mínimo de 40 minutos de duración.
O segundo finalista recibirá un premio de 200€, e o gañador do XVIII Concurso de Maquetas Millo Verde obterá un premio de 500€, o dereito a formar parte do cartaz do festi e un video resumo da súa participación no XIX Festival Alternativo Millo Verde en maio de 2026.