21, 22 e 23
de maio
XIX Festival Alternativo
O XIX Festival Alternativo Millo Verde terá lugar na Área Recreativa da Praia de Cesantes (Redondela) os días 21, 22 e 23 de maio de 2026. Durante estes 3 días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival.
Grupos
Xoves
Venres
La Chiva Gantiva © Pan de Capazo © Iyaman Pablo & Irie Reggae Vibes © Mitad Doble © Esmorgadas © Grupo Maquetas
Sábado
Rebeliom do Inframundo © Alpargata © FÜLÜ © Catalina Grande Piñón Pequeño © Carmen Xía © Lula Mora © Esmorgadas © Bloquinho Aperta © Moon Cresta
(Preme no nome do
grupo para + info)
XVIII Concurso de Maquetas Millo Verde
Nesta edición teremos de novo o pracer de xuntar forzas co colectivo redondelán Artelixo, co cal levaremos a cabo un gran día cheo de actividades e concertos. Comezaremos a tarde do sábado 11 de abril coas actividades do ArteLixo, dando paso posteriormente ao concurso, onde esperamos desfrutar un ano máis dun ambiente maravilloso.
Queres colaborar coa asociación?
Chaveiro do Millo
Feitos en Redondela pola asociación!
O 100% do beneficio queda connosco!!
Xa a venda no Escondidiño
e na Discotasca,
tan
so2€!!
Impresos en bioplástico (PLA, reciclable e biodegradable).
Edicións pasadas
Durante os 18 anos de traxectoria o Millo Verde converteuse nunha das citas obrigatorias do verán en Redondela.
A evolución do Festival no que a público, actividades e actuacións se refire, foi incrementándose ano a ano, pero manténdose o ideario proposto nos inicios do mesmo.

