Boogies

Do XVIII Concurso de Maquetas Millo Verde chegan os últimos gañadores: Boogies!
Hugo (baixo eléctrico e voz), Germán (voz principal e Guitarra eléctrica) e Brais (batería) chegan dunha vila costeira do sur de Galicia, A Guarda.
O seu proxecto naceu no verán de 2025 marcando o seu estilo entre o rock, o surf rock e o post-punk, con momentos máis atmosféricos, pero sempre cantado en galego e pensado para o directo.
A súa música ten enerxía, ironía e unha forte conexión co lugar do que chegan, transmitindo un conxunto de historias e vivencias que quixeron facer resoar.