Zona de Acampada

5€ tenda/día

Reserva a túa praza na zona de acampada enviando un correo a:

camping@milloverde.org

Por motivos loxísticos alleos á organización, como é o peche do Camping de Cesantes, e na procura de buscar o benestar de todos e todas as asistentes haberá unha zona de acampada moi próxima ao recinto do festival e xestionada pola Comisión de Festas de Cesantes.

INFORMACIÓN BÁSICA

  • A reserva será dun espazo para colocar unha tenda de aproximadamente 2×2 metros
  • O prezo será de 5€ por tenda e por día e o pago efectuarase ao chegar alí
  • Non se fai reserva por persoas, faise por tendas (se traedes unha tenda e durmides 3 dentro pois pagades so 5€ por esa tenda cada día)
  • Ao chegar teredes que achegarvos á caseta do aparcadoiro da Comisión de Festas de Cesantes e alí dar o voso nome, pagar, e eles acompañaranvos ao recinto
  • Só se pode facer unha reserva de parcela por persoa
  • Facilitarase zona de duchas e baños
  • Agradecemos que avisedes no mesmo correo en caso de anular a reserva
  • Para furgonetas habilítase tamén o aparcadoiro da Comisión de Festas de Cesantes pero sen reserva, cobrando eles mesmos directamente na entrada. Tamén está o aparcadoiro de San Pedro, donde contades coa posibilidade coller o bus lanzadeira ata a praia.

PROCESO DE RESERVA

Escribir a camping@milloverde.org coa seguinte información:

  • Nome e apelidos da persoa que fai a reserva
  • Número de persoas na tenda
  • Número de teléfono de contacto
  • Indicar o día de chegada e de saída

Ver información adicional

Cesantes, Redondela