Eskorzo

Eskorzo

Granada
É unha banda que tras 28 anos de carreira, 8 discos e máis de 1000 concertos por todo o mundo, atópase entre as máis consolidadas da música alternativa española. Esperamos que teñades tantas ganas coma nos de velos en direto e poder bailar e saltar ao son da súa música, mistura de rock con ritmos como a cumbia, o afrobeat, o ska, a rumba ou a música balcánica. Sen dúbida van montar unha boa festa enriba do escenario.