XVI Concurso de Maquetas Alternativo Millo Verde

E outro ano máis xa pasou o Concurso de Maquetas… esa cita que xa é un clásico e que vai pola 16ª edición, sendo para o Millo Verde un evento do que estamos máis que orgullosos xa que da saída a moitas bandas que despois vemos rular por toda a nosa xeografía e festivais, e un evento caseiro onde a xente da vila e toda aquel e aquela que queira pode vir gozar totalmente de balde.

Este ano tivemos a gran idea de xuntar forzas co colectivo Artelixo, que viña celebrando nesas datas todas as suas actividades, nunha edición centrada na contaminación que provoca a industria téxtil.
O resultado? Unha tarde chea de actividades para a rapazada e maiores co Obralixo, mentras no escenario ían subindo todas aquelas persoas e grupos que quixeran tocar… un jam session onde calqueira podía amosar as súa arte de forma libre.
Un recinto ateigado de xente de todas as idades no que primaba unha cousa… O bo rollo!

Despois de recargar baterías pasando polo posto dos Moinantes cunhas crepes e uns criollos de rechupete, deron comezo os concertos correspondentes ao Millo Verde, abrindo a noite os convidados Wondercovers que do que van sobradas e de calidade e de temazos.
Coa xente xa quentiña comezou a final co primeiro finalistas Seitura, chegados dende o Val Miñor, e tras eles Archivo Adxunto que chegaban dende a Ría de Muros.
A final tivo un grado de calidade moi alto quedando a cousa moi reñida entre ambos. A noite rematou coa pinchada de Dj Öne no que a festa e o baila foron o primordial.

Aínda así só podía gañar un e a votación de todas as persoas que asisitiron aos dous concertos decidiron que este fora SEITURA. Verémolos de novo no escenario do Millo Verde pero esta vez no festival polo que so temos que darlles a noraboa e as grazas por participar.

Iso si… non esquecemos a Archivo Adxunto, do que xa temos nota do que saben facer e confirmamos que nun futuro seguro que non moi lonxano volveremos a vernos polo Millo Verde. Graciñas por todos rapaces!

E en xeral GRACIÑAS  a todas as persoas que vos achegástedes pola Feira do Gando e formáchedes parte desta nova edición, colaborando da forma que fora…
Vémonos no Millo Verde!!!