Terra Livre
Terra Livre
Portugal
Terra Livre é un grupo nado en Portugal que mestura a simplicidade coa psicodelia, o mestizo co misticismo, a ecoloxía e activismo, conciencia de canto e diversidade nun só ton.
A influencia da Lisboa multicultural é evidente cando escoitas reggae con melodías que poderían ser dos Balcáns ou Etiopía, desert blues con gusto de funk, ou mesmo un gnawa marroquí con trazos do folk portugués e do experimentalismo rock.
Instrumentos melódicos de vento madeira procesados a través de pedais FX que crean un son único, calmante e psicodélico ao mesmo tempo.
A percusión étnica trae o antigo e tradicional, fusionada con guitarras modernas, sintetizadores e o poderoso dúo de rock clásico, batería e baixo, mantén o movemento constante como un latido do corazón.