Dios Ke Te Crew

Dios Ke Te Crew

Ordes - Galiza
Dios Ke Te Crew é unha das bandas galegas que non precisan presentación e que este ano volven a pisar o escenario do Millo Verde para desplegar o seu explosivo hip hop, despois de facelo por primeira vez aló polo 2012 e novamente co proxecto de Sokram no ano 2017. Fillos da terras de Ordes comezan a súa aventura no ano 2003, deixando un regueiro de numerosos e premiados discos como foron "Xénese" no 2006, "Humanose" no 2011 e "Ciclo da Serpe" no 2019. Toda esta traxectoria, incuíndo distintos EP publicados durante todos estes anos, remata neste 2024 no que veñen a celebrar o seu 20 aniversario. Os seus enérxicos directos demostran a consolidación e evolución da banda, convertíndose no pilar básico do hip gop en galego.