Pladür

Pladür

PladÜr é unha banda de punk fresco, frenético e divertido que nace en xaneiro de 2022 en Pontevedra. Ante unha urxente necesidade creativa incapaz de ser contida noutros proxectos, Lúa Sálamo (Le Cûl, Los Televisores, Trompas de Farlopio) e Santiago Paredes (Pedrito Diablo, Thee Tumbitas, Glitter & Litter ou Thee Blind Crows) establecen os alicerces deste power dúo de punk rock salvaxe e inmediato. Un recordo de como facer cancións partindo do máis elemental. Pladür é a banda que poderías ter montado coa túa prima, pero ti non o fixeches e eles si.

En moi pouco tempo manufacturaron un bo feixe de cancións pegadizas, cargadas de enerxía e melodía, e lanzáronse aos escenarios para percorrer boa parte de Galicia e facer algunha incursión na meseta española e mesmo no Reino Unido, con gran aceptación de público e crítica.

O seu son é gamberro e cheo de voces que escupen sobre riffs poderosos, con temas cotiáns e divertidos nos que non faltan nin o humor nin a crítica social, encaixando á perfección sobre unha potente sección rítmica. Un cóctel irresistible que lembra a bandas como Ramones, The Addicts, Adolescents, Siniestro Total ou mesmo Los Nikis.

En 2022 editan o seu primeiro EP,"Ensayos, fallos y desmayos", gravado nos estudos Terraforma por Ibán Pérez, produtor de bandas como Indómitos ou Fantasmage, e que recolle os catro primeiros cortes de estudo da banda. A este seguiulle o single"Estudiante de BB.AA" (2023).

En 2024 gravan finalmente o seu primeiro LP,"Toneladas de Diversión", no estudo Escusalla Sónora con Javier Vicalo aos mandos: 11 temas de punk rock iconoclasta cheos de himnos xeracionais como"Nueva Ola", "Baja por Diversión" ou"En la tienda del Ortopeda".

XIX Millo Verde — 21, 22 e 23 de maio