Mitad Doble

Mitad Doble

Mitad Doble fundouse en Málaga en 2013, aínda que non é ata 2016 cando comezan a apostar polo que son hoxe: unha banda de directo potente e con sentimentos a flor de pel.

Ao longo dos anos fóronse desgranando, evolucionando e adaptándose ás necesidades musicais que lles ían xurdindo en cada momento, sen medo a perder identidade. Porque, precisamente, o que define á banda é a curiosidade e o pracer de habitar nesa mestura de medo e incerteza que supón saír da zona de confort.

Gravaron dous traballos de estudo: "Cómo el Café" (2017) e "Alowotomayei" (2019). Agora, en 2025, presentan o seu terceiro álbum, "Poquito pero Bendito".

Neste tempo percorreron boa parte do territorio estatal en catro xiras, sumando primeiros premios en concursos nacionais e moita estrada, pasando por grandes festivais e tamén por pequenos bares con esencia e arrecendo a anís.

Mitad Doble segue avanzando coa mesma verdade coa que comezou: cancións honestas, enerxía sen filtros e un directo que non pide permiso; afrontan esta nova etapa coa madurez da experiencia e a frescura de quen aínda ten moito por dicir.

XIX Millo Verde — 21, 22 e 23 de maio