Iyaman Pablo

Iyaman Pablo & Irie Reggae Vibes é unha experiencia musical de Roots Reggae. Iyaman Pablo destaca por reflectir nosas súas composicións os ritmos xamaicanos máis tradicionais e por refrescar a mensaxe de prosperidade a través dunha linguaxe sinxela e contemporánea.
A actuación ten como obxectivo promover a música como fonte de educación, creatividade e disciplinas artísticas, integrando ás persoas nunha actividade recreativa na que se presentan conceptos e valores que fomentan a aprendizaxe.
O propósito deste espectáculo é iniciar unha viaxe para identificar o noso propio potencial, orientando os nosos pensamentos cara á humanidade, a natureza e a positividade. A conciencia do benestar social foi, e segue a ser, o eixo central das letras, que transmiten mensaxes de autoestima, respecto, tolerancia, consideración e progreso.
O enfoque profesional da banda está profundamente enraizado na cultura Roots Reggae. O Roots Reggae converteuse nun movemento social, espiritual e filosófico grazas á implicación dos seus intérpretes na política e no benestar social, conservando intacta toda unha serie de funcións sociais fundamentais da música, como ser vehículo da opinión pública e medio de expresión cultural para toda a poboación.
Entre 2015 e 2016, Pablo consolidouse como unha das voces máis destacadas da escena reggae internacional, compartindo escenario con artistas de elite asentados en Londres.
A formación de Pablo en Londres fai que o son de Irie Reggae Vibes resulte atractivo, tanto en directo como en gravacións, para o público rastafari e tamén para as novas xeracións.
Todas as súas composicións están inspiradas na loita contra a opresión, a discriminación e a subxugación racial.