Catalina Grande Piñón Pequeño

Catalina Grande Piñón Pequeño

CATALINA GRANDE PIÑÓN PEQUEÑO é un grupo de punk formado por tres tipos de León: Adrián Cavero á batería, Richard Majo á guitarra e David “Verderón” na voz.

As súas cancións baséanse no estilo punk, pero con grandes doses de rock, rap, metal e mesmo pop. Temas curtos, música moi pegadiza e letras acedas, pero sobre todo divertidas. Feitos para o directo.

En novembro de 2019 publican o seu primeiro disco,"Baile Vermú", gravado e mesturado por eles mesmos: puro espírito underground cun son de calidade. Con só tres concertos antes do peche obrigado pola pandemia, na súa cidade xa falaban deles como un dos grupos máis orixinais que xurdiran en moitos anos.

Cun directo salvaxe, acedo e moi divertido, o movemento está asegurado e as risas garantidas. Dous grandes músicos sosteñen a parte instrumental mentres un potente frontman envolve o público cunha sobredose de carisma e propón un espectáculo que transmite bo rollo e deixa a todas as persoas presentes satisfeitas.

En 2020, sen practicamente estrear o primeiro disco, comezaron a crear o segundo e, coma se dunha aliñación de estrelas en forma de loncha de cecina se tratase, en novembro de 2021 viu a luz"La Ira de un Hombre Bueno". De novo, un produto artesán gravado e mesturado por eles mesmos.

Tanto "Baile Vermú" como"La Ira de un Hombre Bueno" están dispoñibles en formato físico (CD) e tamén poden escoitarse nas principais plataformas dixitais: Spotify, YouTube, Deezer e Apple Music.

Vídeos

XIX Millo Verde — 21, 22 e 23 de maio