Alpargata

Alpargata

Abandeirados dun eclecticismo acérrimo, estes madrileños teñen entre mans un dos proxectos musicais máis orixinais e interesantes do circuíto español. Aunando xéneros tan diversos como o rock progresivo, a rumba, a salsa, o jazz fusión e un longo etcétera, sacaron da manga o Latin Freak, un estilo propio e inconfundible.

Alpargata celebra 20 anos percorrendo os escenarios de España e Europa, cun espectáculo que racha con toda barreira estilística e embarca o oínte nunha viaxe que percorre xéneros tan variados como improbables, con grosas pinceladas de humor surrealista, crítica social, psicodelia e extensas pasaxes instrumentais que farán as delicias do oínte máis esixente.

XIX Millo Verde — 21, 22 e 23 de maio