Zeltia Irevire

Zeltia Irevire

Galiza
SESIÓN VERMÚ DE CALIDADE! (DE BALDE) Zeltia Irevire é un trío de música Folk Tribal formado en 2019 en Santiago de Compostela. Comezando de maneira solista con temas máis persoais, o proxecto vai madurando progresivamente co formato trío a unha esfera máis mística e reivindicativa. Na procura dunha conciencia xusta, respetuosa e ecoloxista colaboran activamente con diferentes asociacións culturais, ecoloxistas e feministas compartindo obxectivos éticos e morais por un futuro sostible coa nosa Terra e a nosa cultura. O seu ideario artístico reside na propia natureza.