Vértebras

Vértebras
Galiza
Vértebras nace en febreiro de 2023 como grupo, na cidade de Vigo. Xunta a dúas mulleres de diferentes raíces pero cá mesma paixón pola música, pertencentes á colectiva Alunizadas. Xunto a esta colectiva deron concertos durante o 2021 e 2022 en distintos centros sociais (Fuscalho, A Morada Cooperativa), bares (Kominsky, Skarnio), salas (Molotov) e tamén en festivais (Pintando la Rima, Ceibas Rimas, Akelarre, Rural Live).
O primeiro concerto como Vértebras foi na sala Babylon en León. O estilo no que se encara o grupo é o rap e a música urbana coa intención de dar voz ás vivezas persoais e facer crítica social.
Ika Subversiva, violonchelista profesional e pedagoga de orixen segoviano e corazón galego. Involucrada na acción social coma militante de diferentes colectivos e coma docente. Obtuvo formación en música clásica, flamenco, jazz, rock e folk. Actualmente é integrante do grupo Fixe Trío.
Amari de orixen galega, apaixonada polo boom bap e o máis puro estilo Old Scholl trae un discurso directo da rúa. Antropóloga social e cultural, escritora
dende nena e principiante no freestyle.