Trópico de Grelos

Trópico de Grelos

Galiza
A Asociación Cultural Trópico de Grelos nace en Compostela no ano 2003 pola inquedanza de un grupo de mozos e mozas amantes da percusión. O seu propósito é promover e programar actividades culturais relacionadas coa percusión afrobrasileira procedente dos blocos de Salvador de Bahía. O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de Grelos. Caracterízase por ritmos moi festivos e contundentes de Salvador de Bahía, adornados ademáis con diversas coreografías. A frescura destes ritmos xunto coa actitude e destreza dos/das percusionistas e a potente presencia da raíz africana, fan deste desfile musical unha auténtica festa que non deixará a ninguén indiferente.