Superoito

Superoito

Superoito

Galiza
Superoito é unha banda de rock en galego formada en Ordes en 2013 por tres compañeiros que se uniron para facer o que mellor saben: poñer a todo o mundo a saltar coa súa música. ‘A Mala Vida’ é o terceiro disco de Superoito. Publicado en xaneiro de 2022, é unha recompilación de cancións do último lustro da historia da banda. Un traballo discográfico marcado pola pandemia sanitaria, e un traballo feito co corazón, para tocar e soar mellor ca nunca, para firmar as súas mellores letras e para manter a ilusión daquel primeiro día que colleron entre mans un instrumento.