Jay & The Smoking Machines

Jay & The Smoking Machines

Redondela - Galiza
Jay & the Smoking Machines é unha banda de tres partes, adicada o rock&roll en todas as súas vertentes, con ritmos exóticos, liñas de baixo con alma, guitarras bárbaras e un par de voces clamorosas. Facemos unha amalgama ecléptica de estilos. A millor maneira de definir o repertorio de Jay & the Smoking Machines é como “un monstro de Frankestein afumado de riffs de guitarra chirriante e un irresistible beat de bateria”. As cancións están construidas con partes de aquí e de alá dun pozo infinito como é a música blues. As veces obscura e crua e as veces lixeiras e burbuxeantes, eles fan brillar o escenario con unha enerxia fascinante. Jay (Jeroen Mesker) é un cantante de Blues de Amsterdam. Despois de 25 anos xogando na escena do rock&roll, decidiu que era a hora de preparar a maleta, comprar unha furgo vella e emprender a viaxe. Mentres divaga por Europa Jay remata a viaxe en Galicia. É aquí onde atopa a Alberto López y Lui Perez. Cando eles engánchanse a tocar xuntos encandilanse pola dinámica. Parece que levan tocando xuntos pola vida enteira. Entón decidiron formar unha banda e usar Redondela como base. Despóis do seu primeiro verán na costa de Rias Baixas, facendo bolos nos chiringos como Brisa, facéndose nome tocando no “millo verde 23” Jay & the Smoking Machines neste momento están preparando un novo traballo para entrar no estudio e gravar o seu primeiro disco. Espérase presentar na próxima primavera.