Rebeliom do Inframundo

Rebeliom do Inframundo

Galiza
Rebeliom do Inframundo é a día de hoxe o máximo expoñente de rap galego a nivel estatal; os seus directos son unha explosión na que combinan hip-hop, electrónica, folk tradicional e punk, co que non deixan indiferente a ninguén. Co seu novo disco Amor ou Barbarie ábrese un amplo abano de cores e sons no que os sentimentos son os protagonistas. Letras profundas, punzantes, con crítica social e persoal e gran variedade de flows demostran que Rebeliom non vai polo rego pautado, que nunca repiten a mesma fórmula.