DJ Fermo

DJ Fermo

Galiza
FERMO é ou pseudónimo do músico, compositor, produtor e dj galego David Fermoselle. Coñecido polo seu proxecto individual French Riviera, ou polo seu periplo por salas e festivais de toda a península con bandas recoñecidas nacionalmente como Belöp ou Villanueva, co seu alias Fermo, explota a súa faceta DJ e selectora de música navegando por estilos bailables, e á vez con tanta influencia retro, como o electro funk, o nu-disco, a música disco e o post-disco. Despois de pinchar nalgunhas salas de Madrid, desde 2022 retoma en Galicia o seu lado discjockey. Sesións sen un chisco de descanso e un alto nivel de frenesí, onde dá renda solta ás influencias que máis marcaron a súa carreira musical, e que o toque distintivo sobre os demais dj's dáo o seu saxo en directo, o cal combina de forma orixinal e electrizante coas súas mesturas e que non deixa a ninguén indiferente.