Brigada Sound

Brigada Sound
Galiza
Deixamos a sua publicación porque pensamos que non hai mellor resumo. Sempre Brigada Sound!
Durante estes dez anos que andamos de aquí para alá e de alá para acá, coa nosa festa onde nos deixan acampar, hai moita xente, asociacións e festivais que confiaron en nós para amenizar e entoular a xentiña coas nosas seleccións musicais.
Un dos festivais dos que ben agradecidos estamos por que conten con nós e un dos que máis desfrutamos (polo excelente trato, por suposto, pola variedade musical que sempre trouxeron e polo que significa para nós) é o Festival Millo Verde . E por suposto non queriamos deixar de festexar o noso X aniversario nun dos mellores festis de sempre. Grazas por contar de novo con nós.
Así que si, outra vez estamos no Millo! Agardamos non vos cansedes de nós e prometemos preparar as mellores sesións para despegar os vosos pés do chan e enchervos de moita tolería danzativa.
E para iso, por suposto, contamos co noso irmán Rorro, que xa coñecedes doutras edición e que é coma un brigadista máis.
Vémonos no Millo Verde!! Repetiremos festón!