Antón Ke

Antón Ke

Soutomaior
Músico e cantautor acompanado de ̃ukelele e looper, con anos de experiencia facendo composicións propias en lingua galega, con temáticas a prol da nosa cultura, a defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos. Formo parte dos contacontos musicados “Polo correo do vento” (2016-2020), é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis cativo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das crianzas. Con eles actuei nas pasadas edicións do Salón do Libro de Pontevedra, Festiletras, Festival de Cans, etc. Tiven o enorme pracer de ser “a banda” do late night gastro- cultural “Hai caldo” emitido na Televisón de Galicia no ano 2020. Por outra banda, colaborei coas minas composici ̃ óns nas obras de teatro de “Moitomorro Teatro” (2016-2017). Tamén realizei concertos en festivais culturais (Milloverde, Rockin Vila, Ventorock, Miúdo fest, ArteLixo, etc.), así como en diferentes locais de música en directo na provincia de Pontevedra (Aturuxo, Jamarte, Lusco e Fusco, A Discotasca, Sala Rebullón, etc.) Neste intre estou presentando o meu segundo traballo discográfico “Aínda queda moito”. Gravado, arranxado e mesturado por Isaac Millán en estudos A Lagharteira, composto por dez temas con diferentes estilos musicais (electroswing, blues, hip hop, etc.) creados cun ukelele e un looper. Estrea o seu último tema "Millo Verde" no que fai un bo resumo dun enamora do Festival Millo Verde. Graciñas!