21, 22 e 23
de maio
XIX Festival Alternativo
O XIX Festival Alternativo Millo Verde terá lugar na Área Recreativa da Praia de Cesantes (Redondela) os días 21, 22 e 23 de maio de 2026. Durante estes 3 días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival.
Chaveiro do Millo
Feitos en Redondela pola asociación!
O 100% do beneficio queda connosco!!
Xa a venda no Escondidiño
e na Discotasca,
tan
so2€!!
Impresos en bioplástico (PLA, reciclable e biodegradable).
XVIII Concurso de Maquetas Millo Verde
Nesta edición teremos de novo o pracer de xuntar forzas co colectivo redondelán Artelixo, co cal levaremos a cabo un gran día cheo de actividades e concertos. Comezaremos a tarde do sábado 11 de abril coas actividades do Artelixo, dando paso posteriormente aos concertos do concurso e a final, onde esperamos desfrutar un ano máis dun ambiente maravilloso.
Edicións pasadas
Durante os 18 anos de traxectoria o Millo Verde converteuse nunha das citas obrigatorias do verán en Redondela.
A evolución do Festival no que a público, actividades e actuacións se refire, foi incrementándose ano a ano, pero manténdose o ideario proposto nos inicios do mesmo.

